O catedrático de Historia Antiga da Universidade de Santiago de Compostela, Xerardo Pereira Menaut dice “a arte contemporánea debátese entre as mesmas incertidumes da sociedade que a xera” e referente a esta escultura de Luís Loureira, o profesor alude a algo cósmico. “Ten que haber un momento no ano –asegura- no que o sol pase exactamente por estos dous furados, supoño que na primavera adiantada, a eso das dez da mañá. O que só ocorre unha vez ó ano chámase en latín 'sollemnis', porque o sol nunca repite posición, a mesma hora, nun ciclo. Pois esta é unha escultura solemne, cunha forma solemne”. |