Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia


Luís Loureira, facedor de miradas

Luís Loureria (Samos, 1955) licenciouse na Universidade Complutense de Madrid, despois de cinco anos –os últimos da década dos setenta- de universitario e loitador polas liberdades. Máis tarde, acada o grao de doutor pola Universidade de Santiago de Compostela –cando era a única Universidade de Galicia- e segue traballando a reo pola liberdade dos homes e das mulleres, pola solidariedade e pola concordia. Como escultor, traballa a pedra, o ferro, o bronce, a madeira e a nada.

É un artista de ideas, un facedor de formas, un creador de proxeccións e de miradas que atravesan calquera materia, para penetrar no corazón ou no miolo das cousas e das almas. Fai de todo e fai pouco tamén, traballa –segundo di- pensando, outra arte que parece seguir perseguida.

Se vostede ou calquera de vostedes quere poñerse en contacto con el, aínda que sexa para encargarlle unha escultura, pode facelo a través do correo electrónico: l.loureira@luisloureira.eu

 

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu