Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

Radio Galicia-cadea SER entregou na súa gala anual os Premios SERENIDADE, obra de Luís Loureira

O acto, presidido por Núñez Feijóo, celebrouse no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela

01/12/2016


`Serenidade´, de Luís Loureira. Escultura conmemorativa dos Premios SERENIDADE de Radio Galicia



O Mercado de Abastos de Santiago de Compostela; a catedrática de Farmacia da USC, María Xosé Alonso; a Cociña Económica de Santiago; o Festival Cineuropa de Santiago; a futbolista Vero Boquete, e o actor Luís Tosar foron os seis gañadores dos premios de Radio Galicia da Cadena Ser deste ano 1916. Cada un deles recibiu a tradicional escultura Serenidade de Luís Loureira, a mesma peza coa que a Radío Galicia conmemorou os seus 75 anos de vida, o 20 de novembro de 2008.

A deste ano foi a quinta edición dos premios que agora Radio Galicia-Cadena SER, a emisora decana de Galicia, denomina co nome da escultura do autor lugués, SERENIDADE, unha peza de ferro doce esmaltado e pintado, sobre unha base de granito do país.

Con estes premios Radio Galicia-Cadena SER quere recoñecer o papel e a contribución á sociedade de personalidades e institucións vinculadas a Galicia, como os premiados desta e anteriores tempadas. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Santiago,  Martiño Noriega, e o director da Ser, Antonio H. Rodicio, foron os encargados de entregar os premios, nunha gala que se celebrou, o día 30 de novembro de 2016, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.


De interese:

Los premios SERenidade llegan a su quinta edición

Fotogalería de la gala de los Premios SERenidade 2016

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu