Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

Foi nun acto na Casa Museo de Rosalía, en Padrón, o domingo 21 deste mes de maio

A Fundación Rosalía de Castro e Martín Veiga recibiron o Pedrón de Ouro e de Honra, respectivamente

21/05/2017


Martín Veiga, Xosé R. Fandiño e Anxo Angueira


A Fundación Rosalía de Castro e o director do Centro Irlandés de Estudos Galegos da Universidade de Cork, Martín Veiga, recibiron o domingo, 21 de maio de 2917, o premio Pedrón de Ouro e o Pedrón de Honra, respectivamente. Foi nun acto presidido por Xosé Ramón Fandiño, preseidente da Fundación do Pedrón de Ouro, e celebrado na Casa Museo de Rosalía, en Padrón.

Actuaron como mantedores do acto, no que participou un destacado grupo de representantes do mundo da cultura e da política, Pilar García Negro e Isaac Xubín. O Pedrón de Ouro ten como obxectivo "sobrancear aquela personalidade ou entidade viva, residente en Galicia, que máis se teña destacado na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou na traxectoria dunha vida". Nesta ocasión, o premio foi para a Fundación Rosalía, fundada en decembro de 1995, aínda que ten como antecedente o Padroado Rosalía de Castro, que comezou a funcionar en novembro de 1947.

Para a concesión do premio o xurado valorou que sexa "unha organización de interese galego que ten como finalidades principais fomentar e difundir a memoria de Rosalía, de Manuel Murguía e dos seus fillos, conservar o conxunto da casa-museo de Rosalía e custodiar e incrementar o patrimonio rosaliano", para favorecer que sexa "contemplado e estudado". O escritor e profesor Anxo Angueira Viturro, que recolleu o premio, comezou a dirixir esta fundación en xuño do ano 2012.

O Pedrón de Honra ten o mesmo obxectivo que o de Ouro, aínda que se orienta a persoas que residan fóra de Galicia. O poeta e profesor Martín Veiga (Noia, 1970) é recoñecido por ser o centro que dirixe en Irlanda, desde a súa creación a finais dos anos 90, un dos "foros máis dinámicos para o ensino e a investigación sobre a lingua e a cultura galegas no exterior", e tamén como recoñecemento á súa produción literaria e á súa dedicación aos estudos literarios galegos.

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu