Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Aplicación, de que?

Luís Celeiro

12/04/2021


Era un home aplicado. Teodoro da Campa de Arriba, era como fora de neno e de mozo, un xenio que buscaba a aplicación e explicábaa de tal forma que ata os outros, foran ou non aplicados, entendían todo o que dicía e pensaba. A aquelo que pasaba polas súas mans ou pola súa cabeza, “perfectamente amoblada”, buscáballe de inmediato unha aplicación e, dunha ou doutra maneira, funcionaba. Todo tiña principio, todo tiña interese e , obviamente, aplicación, cando a xente era aplicada, cando tiña interese en aplicar e aplicarse.

Cando ía á escola tiña enorme afección polo estudo e por aprender. Era defensor da aplicación dos dereitos, das normas, da xustiza e da igualdade. Era un estudante capaz e moi aplicado, listo e respectuoso coa metodoloxía que usaba o mestre, para aplicar á aprendizaxe os seus coñecementos e habilidades. Todos felices naquela escola, na que todos eran aplicados e interesados por saber, por coñecer e avanzar nese coñecemento que obriga á aplicación do aprendido, da razón e do razoamento.

Entre todos, ou un a un, buscaban a aplicación práctica, estudaban, debatían e acordaban. Despois dábanlle ao acordado outra aplicación e analizaban as súas vantaxes. Buscaban unha terceira e contrastaban, parábanse a reflexionar e avanzaban con diversas aplicacións de futuro.

Eran dos que entenden en positivo a aplicación da normalidade, das leis físicas, dos principios, da igualdade e da liberdade en tódolos ámbitos, nos máis claros e nos sombríos. A aplicación do saber ao ordenamento xurídico, á bioloxía, á tódalas ciencias e á vida, parece un feito obxectivo e necesario, pero non debe ser así. Non, as aplicacións son xa outra cousa, búscanse e descárganse nun aparato electrónico e/ou informático.

Agora, nos tempos novos, as aplicacións son das grandes compañías multinacionais, da informática, da electrónica e da telemática, e a aplicación da súa enorme forza sobre o cerebro humano converte á poboación mundial nun único usuario, coa mesma forma de facer e de comprar, co mesmo espírito acrítico  e irreflexivo.
 
A Tía Manuela non entende nada, desconfía da aplicación do cambio que se lle fai á linguaxe, e anima á xuventude para que aplique un método de participación activa no deseño da sociedade do futuro, que “debe ser máis solidaria, menos discriminatoria, moito máis humana e, xa que logo, honrada e respectuosa consigo mesma e con cada un dos seus integrantes”.  

Artigo publicado en:

El Progreso (13/04/21)
La Región (14/04/21)
El Correo Gallego (14/04/21)
El Ideal Gallego (15/04/21)
Diario de Arosa (15/04/21)

Artigos publicados anteriormente:

297). Aplicación, de que? (14/04/21)
294). As árbores senlleiras (24/03/21)
293). As patacas novas  (17/03/21)
292). Recordar é saúde  (10/03/21)
291). Un sinal de alerta (03/03/21)
290). A grandeza da gaita de fol (24/02/21)
289). Medo, para que? (17/02/21)
288). Á disposición dos lobos (10/02/21)
287). As variantes  (03/02/21)
284). Quen é aquel nada? (13/01/21)
283). Os motores do desenvolvemento (06/01/21)
282). A tenrura do neno pequeniño (30/12/20)
281). Aprendiz, antes que mestre (23/12/20)
280). Quen manda aquí? (16/12/20)
279). Confinamento, mellor na casa (09/12/20)
278). Cousas do demo (02/12/20)
277). Regulamentos, por moreas (25/11/20)
274). Cita previa (04/11/20)
273). Alarmas continuadas (28/10/20)
272). A palabra dada (21/10/20)
262). Un mal sen parangón (12/08/20)
261). De punta en branco (05/08/20)
260). No alcance da mirada (29/07/20) 
259). A ilusión de mandar (22/07/20)
256). Confianza, para rexenerar a esperanza (01/07/20)
255). Cada vez queren gañar máis (24/06/20)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu