Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Sinxeleza nas maneiras

Luís Celeiro

18/08/2021


Foi un pracer enorme estar con eles. Son ilustres contertulios e amigos de vello e para sempre. Son emprendedores, camiñantes polos camiños da vida, polos carreiros da experiencia, polos lindeiros da política e polas sendas da amizade e da literatura, da creación, da investigación e do ensaio. Carlos Mella Villar e Carlos Baliñas Fernández andan pola Estrada e por Cerdedo escoitando o falar da xente, vendo o mirar da xente, repartindo bonhomía da que eles teñen.

Sinto ledicia de estar con eles, de aprecialos, de escoitalos e de falar con eles. Son voces da experiencia en todo, na docencia de antes e de agora, na economía de agora e de sempre, na filosofía do que somos e do que aparentamos, na realidade da vida e no transito esquivo entre o ser e non ser nada. Don Carlos Baliñas e don Carlos Mella son amigos de si e son mestres de nós, son auténticos baluartes na defensa desta Galicia maltratada e aldraxada por algúns dos galbáns que andan en funcións gobernamentais.

Estivemos no Foxo e fomos a Vilarchán. Chegamos, paramos, saudamos  aos de Quireza, xantamos ben e moi ben atendidos. Estivemos en terras do Lérez, que baixa da serra do Candán,  onde a natureza é quen manda. Falouse do divino, do humano e do lobo, do porvir, da confianza e da esperanza. Foi un gusto compartir espazo e tempo con eles, cos Carlos doutos das Terras de Montes, pensadores atrevidos, conquistadores, cada un deles, dos seus propios desexos. Noraboa e moitas grazas, amigos.

Ao día seguinte tocou Salvaterra do Miño. Alí no Condado estivemos, no Noso Eido, con outro amigo que se foi, con Luís Ferreiro, comunista, cantor, ferreiro e canteiro. Un loitador polas liberdades, con audacia e con valentía. Estivemos ao carón da raia e do río lembrando a súa bondade, recordando a súa firmeza e a súa razón. Escoitamos outra vez, e en silencio, o relato das súas andainas polos Ancares, as conversas coas pedras que paredaba e rematamos a xornada co orgullo da súa amizade, levantando moi alto o facho do entendemento.

Sentimos a ausencia imprevista doutro mestre, don Xesús Alonso Montero, un servidor e defensor de tódalas causas dos humildes, dos homes e dos pobos. Sería outra honra, querido profesor, contar co seu falar nesta xuntanza, na que se rendeu tributo á amizade, á sabedoría e á bondade natural e propia dos homes de comportamento normal e  sinxeleza nas súas maneiras. Como di a Tía Manuela, “que bonito é”.


Artigo publicado en:

El Progreso (17/08/21)
La Región (18/08/21)
El Ideal Gallego (19/08/21)
Diario de Arosa (1908/21)

Artigos publicados anteriormente:

315). Sinxeleza nas maneiras (18/08/21)
314). Parar, para seguir (11/08/21)
310). Ninguén espera na estación (14/07/21)
309). A herdanza, vaiche boa! (07/07/21)
308). Elas ou eles, que falen! (30/06/21)
307). Sorrindo para o recordo (23/06/21)
304). As patacas da semente (02/06/21)
303). Escusas por milleiros (26/05/21)
302). Carne de cabalo (19/05/21)
301). Liberdade, efectivamente (12/05/21)
300). A horta e a alma súa (05/05/21)
299). Observatorios para nada (28/04/21)
298). Atención e respecto (21/04/21)
297). Aplicación, de que? (14/04/21)
294). As árbores senlleiras (24/03/21)
293). As patacas novas  (17/03/21)
292). Recordar é saúde  (10/03/21)
291). Un sinal de alerta (03/03/21)
290). A grandeza da gaita de fol (24/02/21)
289). Medo, para que? (17/02/21)
288). Á disposición dos lobos (10/02/21)
287). As variantes  (03/02/21)
284). Quen é aquel nada? (13/01/21)
283). Os motores do desenvolvemento (06/01/21)
282). A tenrura do neno pequeniño (30/12/20)
281). Aprendiz, antes que mestre (23/12/20)
280). Quen manda aquí? (16/12/20)
279). Confinamento, mellor na casa (09/12/20)
278). Cousas do demo (02/12/20)
277). Regulamentos, por moreas (25/11/20)
274). Cita previa (04/11/20)
273). Alarmas continuadas (28/10/20)
272). A palabra dada (21/10/20)
262). Un mal sen parangón (12/08/20)
261). De punta en branco (05/08/20)
260). No alcance da mirada (29/07/20) 
259). A ilusión de mandar (22/07/20)
256). Confianza, para rexenerar a esperanza (01/07/20)
255). Cada vez queren gañar máis (24/06/20)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu