Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Parar, para seguir

Luís Celeiro

11/08/2021


O clima está en proceso de cambio e, segundo os técnicos do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC), xa se produciron varios de carácter irreversible. Segundo os informes deste grupo, todo indica que a humanidade é causante destes cambios desafortunados que inciden tamén na conducta social. O Grupo, vinculado á ONU, creouse en 1988 para, a través de informes,  facilitar avaliacións integrais do estado dos coñecementos científicos, técnicos e socioeconómicos sobre o cambio climático, as súas causas e a repercusión do mesmo na vida das persoas.

No último destes informes, os redactores aseveran que foi o home o causante do quecemento da atmosfera, do océano e da terra. Quen o diría, o home causante dos seus propios males? Pois si, con cambios rápidos e xeneralizados, capaces de ofertar un mundo, con un medio ambiente, diferente. A temperatura seguirá aumentando ata mediados deste século.

E, daquela, a partir de 2050, se non hai acción por parte dos gobernos, a situación será complexa. De seguir como ata agora, a finais do século, segundo os expertos, o incremento da temperatura será de máis de catro graos, aumentando tamén a intensidade e a frecuencia dos fenómenos extremos como as olas de calor, as inundacións, as precipitacións ou as grandes secas. O recente informe do IPCC di que a última vez que se acadou un nivel de quecemento por encima dos dous graos e medio foi hai uns tres mil anos.

A ciencia e a acción política teñen que darse a man, se queremos que o planeta non se resinta. Ao parecer os efectos da crise climática están afectando a tódalas rexións de terra e mar. Ninguén pode librarse do nefasto impacto do quecemento global, o desxeo, o aumento do nivel das augas ou das perversas accións deses estraños e frecuentes fenómenos meteorolóxicos.

O informe dos científicos (234 de 66 países) asegura que, en 2019, as concentracións de dióxido de carbono atmosférico foron máis altas que en calquera outro momento dos últimos dous millóns de anos e as concentracións de metano e óxido nitroso foron máis altas que nos últimos oitocentos mil anos. Parece que é necesario, imprescindible, tomar medidas, atender ás recomendacións dos que saben, actuar con `sentidiño´ e con prudencia para axudar a que a auga volva á súa canle e eses eventos extremos, que tanto aumentaron nas últimas décadas, freen o seu cabalgar. Cómpre parar, para que o mundo siga.

Artigo publicado en:

El Progreso (10/08/21)
La Región (11/08/21)
El Ideal Gallego (12/08/21)
Diario de Arosa (12/08/21)

Artigos publicados anteriormente:

314). Parar, para seguir (11/08/21)
310). Ninguén espera na estación (14/07/21)
309). A herdanza, vaiche boa! (07/07/21)
308). Elas ou eles, que falen! (30/06/21)
307). Sorrindo para o recordo (23/06/21)
304). As patacas da semente (02/06/21)
303). Escusas por milleiros (26/05/21)
302). Carne de cabalo (19/05/21)
301). Liberdade, efectivamente (12/05/21)
300). A horta e a alma súa (05/05/21)
299). Observatorios para nada (28/04/21)
298). Atención e respecto (21/04/21)
297). Aplicación, de que? (14/04/21)
294). As árbores senlleiras (24/03/21)
293). As patacas novas  (17/03/21)
292). Recordar é saúde  (10/03/21)
291). Un sinal de alerta (03/03/21)
290). A grandeza da gaita de fol (24/02/21)
289). Medo, para que? (17/02/21)
288). Á disposición dos lobos (10/02/21)
287). As variantes  (03/02/21)
284). Quen é aquel nada? (13/01/21)
283). Os motores do desenvolvemento (06/01/21)
282). A tenrura do neno pequeniño (30/12/20)
281). Aprendiz, antes que mestre (23/12/20)
280). Quen manda aquí? (16/12/20)
279). Confinamento, mellor na casa (09/12/20)
278). Cousas do demo (02/12/20)
277). Regulamentos, por moreas (25/11/20)
274). Cita previa (04/11/20)
273). Alarmas continuadas (28/10/20)
272). A palabra dada (21/10/20)
262). Un mal sen parangón (12/08/20)
261). De punta en branco (05/08/20)
260). No alcance da mirada (29/07/20) 
259). A ilusión de mandar (22/07/20)
256). Confianza, para rexenerar a esperanza (01/07/20)
255). Cada vez queren gañar máis (24/06/20)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu