Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Nas orixes do Camiño

Luís Celeiro

09/12/2015


Din, e parece que están no certo, que as orixes do Camiño de Santiago, como un Camiño de peregrinación, foron movidas por eremitas, persoas que vivían en lugares retirados, lonxe do ben e do mal. Precisamente, un destes, Paio, que vivía no bosque Libredón, onde se asentou a catedral e a cidade de Santiago de Compostela, foi o primeiro en descubrir o sepulcro do Apóstolo Santiago, sen saber por onde, nin de onde, nin quen o trouxera. 
 
Paio, ao ver uns resplandores estraños cerca de onde estaba, foi correndo e morto de medo ver ao bispo Teodomiro de Iria Flavia, e os dous, con suficiente cortexo, volveron ao lugar onde refulxía e brillaba, con intensidade enunciativa, a vexetación boscosa. Así comeza unha historia que perdura nos séculos e que, aínda hoxe, posúe carácter misterioso e relixioso, pero tamén económico e cultural. O sepulcro que atoparon era de pedra e nel estaban tres corpos mortos.

Este feito vincula aos ermitáns e posteriormente aos monxes coas orixes do Camiño de Santiago ou dos Camiños, mellor dito, porque en Galicia cobren toda a nosa xeografía, dende o Norte, dende o Sur, dende  o Este e o Oeste  ata Santiago de Compostela. Un dos mosteiros emblemáticos nesto do mundo das peregrinacións é o de Samos, na provincia de Lugo, un Mosteiro beneditino con sona en toda a provincia, con recoñecemento en Pontevedra enteira e desde Tui; en toda Ourense, desde a Canda; na Coruña e fora de Galicia, no estranxeiro lonxano, do outro lado do Atlántico, en Europa, por suposto, e nos outros catro continentes.

Para dar conta deste feito, nunhas salas repintadas, xélidas e humedecidas do Mosteiro, loce a exposición, “Silencio. O monacato nas orixes do Camiño”, na que se conta como foron os principios. As fotos de José M. Salgado, as cerámicas, as pezas pictóricas e escultóricas, restauradas pola Fundación Otilia Millares, así como os libros antigos acariñados polas mans do prior, José Luís Vélez, e o fondo dos discursos de Xosé Mª García Palmeiro e Rafael Sánchez Bargiela, establecen entre si diálogos que afagan aos visitantes. Uns diálogos que parece que rompen o silencio, sen perder o respecto a unha tradición milenaria. Verdadeira comunicación e inmediato control, efectivamente!, nas orixes do Camiño.


Artigo publicado en:

El Progreso (08/12/2015)
Diarío de Pontevedra (08/12/2015)
El Correo Gallego (09/12/2015)
La Región (
09/12/2015)


Artigos publicados anteriormente:


1.) Co lume acendido, cara á nada (05/08/2015)  
2.) A Compostela, máis de 100 quilómetros 
(12/08/2015)
3.) En Galicia, o viño tan só se fai de uvas (19/08/2015)
4.) Maldito Demo!
(25/08/2015)
5.) Tristeza total (02/09/15)
6.) Na loita, contra o mal
(09/09/15)
7.) Paciencia e unión (16/09/15)

8.) Táboa rasa (23/09/15)
9.) Sen medios e sen dereitos (30/09/15)
10.) Senlleiras (07/10/15)
11.)
E, se non foron eles? (14/10/15)
12.) Pajares Vales, mestre (21/10/15)
13.) Don Ramón e don Basilio (28/10/15)
14.) Andar e pedalear (04/11/15)
15.) Seis mil linguas (11/11/15)
16.) Rico, en tres aspectos (18/11/15)
17.) Estudantes (25/11/15)
18.) Quedan na memoria (02/12/15)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu