Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

A revista PEREGRINO recibiu, en Samos, o IV Premio APECSA de divulgación do Camiño de Santiago

27/11/2016


José Antonio Ortíz con `Harmonía´, de Luís Loureira



A revista Peregrino, editada pola Federación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, recibiu en Samos, o día 26 de novembro, o IV Premio APECSA de divulgación do feito xacobeo, galardón instituído en 2011 pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) e que nesta ocasión estivo dedicado a David Mackenzie, quen, ademais do seu labor a prol da lingua e a cultura galegas no mundo anglosaxón, foi un dos promotores, en 1992, do Comité Británico Proxacobeo.

O acto, celebrado na sala da cheminea do Mosteiro e presidido polo Presidente de APECSA, Xosé María García Palmeiro, contou coa presenza de representantes de varias asociacións xacobeas, galegas e de diferentes puntos do Estado Español, e un nutrido grupo de persoas do mundo da cultura e autoridades e representacións, entre as que figuraban Olga Iglesias, alcaldesa de Triacastela; Eduardo Vidal, deputado da Area de Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo;  Rafael Sánchez, xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, e Luis Gutiérrez Perrino, presidente da Federación Española da Asociación Amigos do Camiño de Santiago e Presidente da Asociación Amigos Camiño de Santiago de León.

Tamén participaron no acto o Presidente e o secretario da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago,
Manuel López Vázquez e Humberto Lens Sarasquete, respectivamente; Jesús Fernández Gómez, presidente da Asociación do Camiño Portugués en Ames e Teo; Takako Kanezuka, presidenta da Asociación de Japón; Angel Trabada, presidente da Asociación da Provincia de Lugo; Juan Carlos Pérez, presidente da Asociación de Astorga; Jorge López, presidente da Asociación de Sarria; representantes da Asociación de Madrid e de asociacións culturais da comarca de Sarria.

O presidente da APECSA entregou ao director da revista Peregrino, José Antonio Ortíz, o galardón, consistente nunha obra do escultor Luís Loureira, `Harmonía´, e o diploma acreditativo. Ambos coincidiron na necesidade de proxectar a significación deste roteiro milenario e ecuménico na configuración  social, cultural relixiosa de Europa.

O xornalista Luís Celeiro Álvarez foi o presidente do xurado que outorgou o premio e do mesmo formaron parte, como vogais, Xavier Goyanes Vilar, Carmén Prado Pico, Xosé Luís Muñoz Portabales e, como secretaria, Purificación Carballo Pérez.

O traballo premiado abrangue os doce números da revista correspondentes aos anos 2014 e 2015; exemplares que se enmarcan nun proxecto editorial moito máis amplo e que se remonta ao ano 1987, data da publicación do primeiro número da revista Peregrino, continuadora do traballo iniciado por Elías Valiña coa edición del Boletín del Camino. A través dos 166 números e os máis de cinco mil exemplares editados, o conxunto da colección convértese nunha extraordinaria canle de promoción do fenómeno xacobeo e do Camiño de Santiago, grazas á orixinalidade dos seus artigos redactados por historiadores, teólogos, antropólogos ou escritores que foron previamente peregrinos e, por outra banda, grazas á distribución da revista, que se realiza por subscrición entre todos os membros das asociacións españolas federadas, así como doutras asociacións nacionais e estranxeiras.

A cobertura divulgativa da revista Peregrino alcanza tamén ás institucións publicas e eclesiásticas e, obviamente, a peregrinos e lectores en xeral, xa que está catalogada dentro da temática xacobea nas principais bibliotecas nacionais e internacionais, quedando sobradamente acreditado o seu labor divulgativo do Camiño de Santiago.

Correo electrónico da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA):
periodistas.caminodesantigago@gmail.com

Máis información

APECSA premia a la revista Peregrino por promover el fenómeno jacobeo

http://elprogreso.galiciae.com/noticia/629208/apecsa-premia-la-revista-peregrino-por-promover-el-fenomeno-jacobeo

http://elprogreso.galiciae.com/gl/nova/629208/apecsa-premia-revista-peregrino-por-promover-o-fenomeno-xacobeo

O xerente do Premio de divulgación xacobea á `Peregrino´

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/premio-divulgacion-xacobea-peregrino/idEdicion-2016-11-27/idNoticia-1029193/

O xerente do Xacobeo asiste a entrega do premio internacional APECSA 2016 que recae na revista ‘Peregrino’

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/0447/xerente-xacobeo-asiste-entrega-premio-internacional-apecsa-2016-que-recae-revista

La Asociación de Periodistas y Estudiosos del Camino de Santiago (APECSA)

http://eliniciomozarabe.es/2016/11/09/

A Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago concédelle o seu ‘Premio Internacional APECSA 2016’ á revista Peregrino

o-camino-de-santiago-concedelle-o-seu-premio-internacional-apecsa-2016-a-revista-peregrino/


O Premio Internacional APECSA 2016 de Divulgación do Camiño galardoa á revista 'Peregrino'
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/39559-premio-internacional-apecsa-2016-divulgacion-camino-galardoa-revista-peregrino

La revista Peregrino, editada por la Federación Española de Asociaciones de amigos del Camino de Santiago, Premio Internacional APECSA 2016
https://www.facebook.com/vieiragrino/photos/a.497772870274125.132895.110372162347533/1165165523534853/?type=1&theater
 
La Asociación de Periodistas y Estudiosos del Camino de Santiago concede su ‘Premio Internacional APECSA 2016’ a la revista “Peregrino”
http://www.caminosantiagogranada.es/la-asociacion-de-periodistas-y-estudiosos-del-camino-de-santiago-concede-su-premio-internacional-apecsa-2016-a-la-revista-peregrino-5/

La Asociación de Periodistas y Estudiosos del Camino de Santiago concede su ‘Premio Internacional APECSA 2016’ a la revista ‘Peregrino’
http://eliniciomozarabe.es/la-asociacion-de-periodistas-estudiosos-del-camino-de-santiago-concede-su-premio-internacional-apecsa-2016-la-revista-peregrino/


Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu