Bos dÃas, veciños, visitantes, louzariños de sempre e para sempre, xente traballadora, honrada, solidaria, alegre e sempre irradiando ledicia, con enorme capacidade de humor, predisposta, a calquera hora, a poñerlle boa cara ao mal tempo. Xente destas terras xabreiras e sollÃas, de secaño e regadÃo, destas catro parroquias de arriba e de abaixo, deste territorio que fai un mundo, sen fin e sen principio, tan grande e tan importante como o mundo enteiro. QuerÃa antes de nada facer explÃcito o meu agradecemento por invitarme a ler este pregón, que está feito cun vello ordenador e con tinta que abrolla directamente do corazón. É para min, que -aÃnda que só sexa a metade- tamén me sento louzariño, unha enorme honra e un grande pracer estar aquà con todos vostedes. Moitas grazas, pois, aos organizadores e a todos os que estades escoitando, aos que están nos postos traballando, comprando ou comendo, bebendo e falando. Grazas tamén ás mestras e mestres que nos acompañan e ás que se lles rende hoxe unha homenaxe de agradecemento e de recoñecemento polo seu traballo nas escolas unitarias da contorna.
A semente que vostedes trouxeron e sementaron segue dando flores cada ano e froito continuado, nos campos do dereito, nas enxeñarÃas, na medicina, na docencia e na función pública; no eido empresarial, na filosofÃa, nas filoloxÃas diversas, no xornalismo, nas disciplinas de ciencias puras, na historia... En fin, dende Carqueixeda ata Parada, dende Airapadrón ata o Alto da Pedra, por un lado e polo outro do rÃo, hai agros de saber, leiras labradas co coñecemento que vostedes trouxeron e moi ben fixeron servir. Viñeron aquà coa semente e deixaron unha agrada de saber e de cultura que todos temos que agradecer, porque os nenos e nenas, mozos e mozas, os homes e as mulleres somos o que nos ensinan, o que aprendemos na casa, na escola e na vida. Por iso, quixera agradecer e estender esta homenaxe a tódolos pais e tódalas nais de Lóuzara, por seren xentes intelixentes, honestas, honradas e valentes, que pretendÃan e sabÃan que o mundo podÃa ser outra cousa e, como di a “LetanÃa de Galicia†de Novoneyra, o home pode ser outra cousa e Galicia ten que ser outra cousa.
PermÃtanme unha mención especial a tres persoas. En primeiro lugar, a meus pais, Loureira da Balsa e Carme de Vergara de Santalla de Arriba. Mamá está aquà presente, sentada na primeira fila. Non quixo perder esta feira na que tantas veces estivera traballando de moza. Os dous, como outros pais da zona, co seu talento e a súa perspectiva de miras de largo alcance, por encima do monte do Ouribio e por riba da serra da Meda, con grade traballo e esforzo, foron quen de mandar a estudar aos seu cinco fillos.
Outra das persoas que quero citar expresamente é dona Leonor Mera Varela, a profesora que empuxou a nosa andaina polo ingreso cara o bacharelato. Cada vez que me acordo dela, choro de emoción e de orgullo por ser un dos seus alumnos. AquÃ, na Ponte de Lóuzara, despois de tantos anos, están hoxe, para ledicia, gabanza e encomio de todos nós, as súas fillas, Lelucha e Marisa, acompañadas polos seus maridos e por Marcelino, o crego irmán.
E, xa que estamos de citas, quero facer mención tamén a Pepe do Café, Pepe da Ponte, aà entre a xente, tan serio e tan elegante como sempre. TraÃa no seu Land-Rover ás mestra bailando e levabas cantando. A nós, aos rapaces da Balsa, levábanos e traÃnos, ruando.
No cartel que anuncia esta festa aparecen catro versos dun poema de Fiz Vergara, que vou ler pensando nos de fóra, nos amigos que non coñecen este val, que non escoitaron nunca o resoar da auga das enchentas do rÃo ou o bruar do vento contra as penas do Robredo:
... ...
Xa verás como a Terra se estremece ó ritmo dos latexos uniformes do teu gran corazón en durmevela (Fiz Vergara Vilariño)
Estes versos son como unha radiografÃa de Lóuzara, onde estamos, aquà no fondo mirando, outeando o futuro, esperando. Aquà estamos desolados, recordando como os novos marcharon e como se foron os vellos, como se pecharon as casas e xa non fan falta tan grandes os cemiterios. Aquà observando como non queda ninguén. Amigos e amigas, quizais lles pareza esta miña unha expresión pesimista. Efectivamente, se estás en durmevela, nin dormes nin velas. Pero, o Premio Nobel de Literatura en 1998, o portugués José Saramago, dicÃa que os pesimistas eran os únicos interesados en cambiar o mundo, porque os optimistas están encantados co que teñen.
Temos que parar a desfeita, temos que buscar alternativas, unir forzas, crear cooperativas de intelixencia e traballo, respectar o enorme patrimonio que temos e levantar a cabeza ergueita para dicirlles, aos promotores da aldraxe, que NON. Seguiremos a guÃa dos nosos homes de ben, das Santallas, de GamÃz, Parada, a Casela e Vilar; subiremos por Locai e Trascastro, por Vilela e Paredes. Dende o Porteleiro, con Airapadrón e Lampazas no alto, iremos a Chaos e a Quintá, a Chelo e, por Campos, Castrelo e OutonÃn, a Frexulfe e a San Cristovo. De San Cristovo a San Xoán, amigos, sen medo a esquecer o santuario.
De San Xoán a Santo André de Gundriz para ver os soutos e a ferrerÃa, para andar cara a Santa Mariña e a Carqueixeda, para volver por Portela. Por Praducelo ao Alto da Pedra e ver ao Caurel de arriba a abaixo. Aquà permÃtanme unha licenza poética. Chegados aquÃ, pódese entender e bailar o poema de Novoneyra, coa musicalidade da muiñeira:
No bicarelo do bico do brelo canta o paxariño. No mesmiño bicarelo do bico do brelo.
Aà queda iso. E nós baixamos por BustofrÃo e San Isidro, paramos en Vila do Castro e chegamos aquÃ, a onde estamos, neste magnÃfico lugar da Ponte de Lóuzara, para cantar aquilo de :
Sementar sementarei, loguiño de clarear, en tanto no pobo medre un meniño, un vello e un cantar.
Tamén sementaron os nosos antepasados, como vostedes, prezadas mestras e mestres. Sementaron os labregos na bouza que eles cavaban coa aixada, seguindo o rego da cambela, da que tiraba a Xata e a Marela. Sementaron tódalas xentes de ben desta terra louzariña, onde o home que Ãa co carro, cos melindres, co viño doce e o viño viño, polas festas da redonda, non era calquera humano, era: HUMANIÑO.
AÃ, máis abaixo, en LusÃo naceu (século XIX, 1804-1893) Vicente Vázquez Quiepo, un destacado cientÃfico nos campos do dereito, das matemáticas e da Ciencias Experimentais. Prégolles que intenten coñecelo e que se sumen á petición para que a Academia de Ciencias de Galicia o nomee como cientÃfico de 2018.
En samos, aÃnda que as súas orixes viñan de Pereiro de Aguiar, tivemos a padre Feijoo, Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro (Pereiro de Aguiar, 1676 - Oviedo, 1764), un dos brillantes intelectuais de Galicia daquela época. Tivemos a Don Ramón Cabanillas e deixounos un dos seus magnÃficos libros con versos magnÃficos, Samos, publicado en 1958, o derradeiro libro que viu a luz en vida do autor.
Se imos máis atrás atopámonos cos trobadores medievais, e hoxe parece que xa non se pon en dúbida que un dos máis importantes era natural de Praducelo, desta Lóuzara que nos acolle. En fin, veciños, temos unha enorme riqueza cultural e paisaxÃstica, un impresionante patrimonio natural diverso, tivemos e temos motor para avanzar, para subsistir e mellorar. Vamos, entre todos, darlle manivela coas mans, coa cabeza e a golpes de corazón.
Moitas grazas pola atención
|