Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Intelixencia

Luís Celeiro

23/11/2016


Dicían del que era moi intelixente, un brillante operario en todo aquilo no que se metía, un formidable controlador do que era conveniente controlar, unha persoa con grande capacidade para aprender e comprender, para entender o entorno, para resolver cuestións con dificultades. Non tiña parada, ía da ceca á meca, deambulando por Europa, de estación en estación e dun aeroporto a outro. Era sen acougo e non tiña descanso, miraba, volvía a mirar e marchaba. Seguía buscando alternativas, seguía pensando en atopar unha sociedade mellor, máis xusta, cun reparto adecuado da riqueza, dos bens, do patrimonio e, sobre todo, con educación e mantenza para todos.

A noiva non quixo agardar máis e foise, tamén se foi polo mundo de emigrante e casou cun portugués rico que vivía e traballaba en París, nunha casa de arquitectura moderna, preto da Torre Eiffel, ao carón do Sena e dos xardíns do Trocadero. El, nalgunha ocasión, lembra aquilo de que “algúns matrimonios acaban ben”, pero decontado perde a esperanza, xa que “outros duran toda a vida”. Toda a vida leva este home rompendo a cabeza, estudando, discorrendo e inventando formas para agrandar a harmonía e a solidariedade entre as persoas e entre os pobos, toda a vida adquirindo coñecemento sen poder poñelo en práctica. Hai quen considera máis útil a intelixencia artificial, capaz de darlle vida intelixente a un obxecto que non a ten.

Din  que as persoas intelixentes usan en tódalas súas dimensións os coñecementos que posúen. O malo disto está precisamente nos poucos coñecementos que teñen moitos. É ben sabido que de onde non hai, non se pode sacar. Pero, hai expertos, como o profesor de Harvard, HowardGardner, premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais en 2011, que falan das intelixencias múltiples, enumerando ata sete tipos distintos.

Unha destas intelixencias estará determinada, sen dúbida, pola capacidade de adaptación de cadaquén. E, se observamos aos nosos políticos, veremos que as súas habilidades, mañas e destrezas para acomodarse aos cargos son enormes. Son intelixentes? Uns si e outros non. A Tía Manuela falando disto recorre a un dito de Víctor Hugo, “as intelixencias pouco capaces preocúpanse polo extraordinario, as poderosas interésanse polas cousas ordinarias”.


Artigo publicado en:

El Progreso
(22/11/16)
Dirio de Pontevedra
(22/11/16)
La Región
(23/11/16)
El Correo Gallego
(23/11/16)

Artigos publicados anteriormente:

69).
Intelixencia (23/11/16)

68).
A soidade (16/11/16)

67). Minguan os dereitos (09/11/16)
66).
Xente de a pé (02/11/16)

65). Máquinas, para todo (26/10/16)
64).
O toque de Víctor Pumarega (19/10/16)

63). Parecen galegos! (11/10/16)
62). O gato, razoando
(05/10/16)
61). Deberes, por que non? (27/09/16)
60). A escola (21/09/16)

59). Felicidades e ánimo! (14/09/16)
58). A calidade do aire (07/09/16)

57).Cambiaron os tempos (31/08/16)
56).
Que bonito sería! (24/08/16)
55).
A USC, entre as mellores (17/08/16)
54)
.Como te chamas? (10/08/16)
53).
Ánimo e saúdos! (03/08/16)
52).
A patria (27/07/16)
51).
O falar non ten cancelas (20/07/16)
50). Envellecemento saudable (13/07/16)
49). O amigo do home (05/07/16)
 
1º semestre de 2016.-

Ano 2015.-

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu