As primarias na política, aparentemente, están ben. Para uns, o peor
deste modelo é o resultado. Parece unha feira, “se un perde, outro gaña”. Nas
primarias da política, curiosamente antes de celebrarse, os candidatos
traballan desunidos, sexan moitos ou poucos, “polo ben do partido” que, despois
das eleccións, foi quen perdeu, excepto para a candidatura gañadora. E, quen
decide nas primarias?, quen é contrincante?, por que se insultan e agriden
verbalmente aquelas persoas que defenden a mesma causa partidaria? Por que? Non se entende moi ben, pero aí está
a miseria intelectual e o comportamento corto de miras de quen defende
unicamente a lide.
Cando se presenta unha única candidatura, todo vai sobre rodas, rodado,
con primarias ou sen elas. Se hai dúas ou
máis, o conflito está garantido e a secesión apuntalada. Agrándanse as
discrepancias, fortalécese a xenreira, a animadversión e a carraxe entre
iguais, entre amigos interesados, sen afecto e, naturalmente, sen confianza. O
político alemán, Konrad Adenauer díxoo moi claro: “hai inimigos, inimigos
mortais e compañeiros de partido”. Primarias para guerrear, para medir forzas,
para, se é o caso, dobregar aos inimigos e para que a poboación saiba que ten
razón cando desconfía da actitude daqueles que enganan, sexan de onde sexa.
Guerra de palabras, guerra dialéctica coa linguaxe inadecuada e coa
intencionalidade centrada no interese propio. Linguaxe política, á que o autor
de A revolta dos animais, o escritor
e xornalista George Orwell, lle atribúe a misión de “facer que as mentiras soen
a verdades”, dándolles aparencia de solidez aos ventos do norte e do suroeste,
aos do sur e do noroeste, do este e oeste.
Os políticos, sábeo e recórdao a Tía Mauela, deberían empregar a
linguaxe para falar, dialogar, propoñer proxectos, negociar e reforzar as
relacións de convivencia entre os homes e mulleres do mundo, se é conveniente,
comezando polo concello ou, mesmamente, pola parroquia. Deberían empregar a
linguaxe para reforzar e expandir as súas ideas, para axudar a conseguir un
mundo mellor, máis solidario, verdadeiramente social e sen fame. Un mundo
xusto, con liberdade, educación e sanidade para todos, sen distinción entre
pobres e ricos. O dos partidos e o dos candidatos ou candidatas, que máis dá?
Artigo publicado en:
El Progreso (02/04/17) Dirio de Pontevedra (02/05/17) La Región (03/05/17) El Correo Gallego (03/05/17) Artigos publicados anteriormente:
92). Primarias, que máis dá? (03/05/17)
91). Sequidade, ben e mal (26/04/17) 90). Liñas paralelas (19/04/17) 89). Cada ollal co seu botón (12/04/17) 88). Viridiana xemía (05/04/17) 87). A luz da esperanza (29/03/17) 86). Viva a memoria! (22/03/17) 85). Patacas para todos (15/03/17) 84). Son todos iguais? (08/03/17) 83). Cantoras das verdades (01/03/17) 82). Por que? (22/02/17) 81). Fermín, a bondade (15/02/17) 80). Esquecemento (08/02/17) 79). Vázquez Queipo (01/02/17) 78). Menos de 7 anos (24/01/17) 77). A Academia (18/01/17) 76). Vaia por Deus! (11/01/17) 75). Venturoso 2017! (04/01/17)
Anos 2016 e 2015
|