A pandemia, e o confinamento por mor dela, fixo estragos en moitas
casas, en familias xa derramadas pola situación difÃcil, incomprensÃbel e
certa; desarmou sistemas de equilibrio social, puxo en marcha medios de
enriquecemento duns poucos e obrigoulles a moitos a reflexionar sobre aquelo no que querÃan afondar e meditar, do
que querÃan escribir, falar e divulgar. Aproveitando a retirada e a permanencia
na casa, aquel que foi un dos máis destacados polÃticos galegos na historia
recente de Galicia, VÃctor M. Vázquez Portomeñe, puxo nas librerÃas do paÃs,
nas redes socias e nos recantos literarios que nos quedan, “Brianda de Moásâ€.
Unha magnÃfica crónica na que mestura o real co imaxinario, coa que
narra, cunha fermosa prosa, acontecementos ben coñecidos polos andares da
historia desta Galicia nosa ou desta nosa Galiza. Que máis dá! O autor conta,
na publicación da Editorial
Hércules, como un
galego segundón, nado nunha familia sen nobreza polos anos do último terzo do
século VIII, vai ser testemuña e relator en primeira persoa dunha auténtica
saga de amores e batallas diversas.
Estamos diante do froito da actividade
pensada, meditada, escrita e presentada por un intelectual que exerceu e que o
fixo ben como polÃtico, para recrearse agora nos seus éxitos literarios.
“Brianda de Moás†aparece despois doutra obra da mesma editorial, na que o
mesmo autor conta como el viviu os aconteceres sociais e polÃticos da historia
recente de Galicia.
Probablemente, o fito máis importante deste
perÃodo histórico fose o Xacobeo, ese proxecto de Vázquez Portomeñe que o
obrigou a ser “testemuña e parteâ€. Pero, quen era Brianda de Moás? Nos
congresos sobre o Camiño, nas cátedras do Camiño, nos foros máis diversos e nos altares xacobeos xa se fala dela.
As súas son terras dos territorios de Galicia
de hai máis de mil anos, de Taboada, Chantada e Rodeiro, de Ourense e O
Saviñao, de Terra de Lemos, do Incio, Sarria e Samos. Terras de romeiros e de
“batallas esquecidasâ€. Historia, lecturas e vivencias mestúranse nesta novela descritiva,
documentada e con trazos perfectos nos eidos da xeografÃa. Eidos con sucos de
historia auténtica, guiados polo esplendor dos camiños que acaban en Santiago
de Compostela. Aà o vemos, o seu final, a meta, está na súa orixe. Xa o dixo a
TÃa Manuela, “o Camiño vai seguindo e remarcando as pegadas da historiaâ€.
|