Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Os costumes

Luís Celeiro

07/06/2017


Cada quen ten os seus e hai quen non ten nada, hai quen non ten costumes nin referencias, nin pasado, nin nada que contar do que foi ou de onde vén. Por non ter, moita xente non ten idea de a onde vai, nin por onde vai ou vén o futuro, o porvir. Incluso, guste ou non guste, hai quen esquece que onte xa pasou. A miña amiga choraba ao recordalo e, cando quixo repetilo, tamén pasara. Vai o mundo amodiño, pero sen parar, sen descanso, engordiño cara o esquecemento total. O mundo e os tempos van devagar, paseniño cara a desmemoria dos homes, das mulleres, dos vivos, sabendo que, como dicía o escritor e xornalista estadounidense, Ambrose Bierce, “a desmemoria é un don outorgado por Deus aos que deben e non pagan para compensalos pola súa falta de conciencia”.

O costume non é lei, pero paréceo. Esa maneira habitual de actuar ou de comportarse en determinadas situacións e circunstancias, convértese en norma de cumprimento obrigado. É certo que os costumes son de quen son e moi diferentes segundo as zonas xeográficas, segundo as distintas culturas, as formas de vida, as profesións, as idades das persoas e as épocas. En Finlandia, por exemplo, non permiten a actuación dos aduladores que tanto proliferan e medran noutras áreas, andar con cumpridos con outra persoa é un sinal de mala educación e de desprezo.

Aquí os aduladores, coñecidos tamén por lambecricas ou lambecús, están estendidos, de norte a sur e de leste a oeste, pola xeografía do país, polos despachos oficiais, formando parte das listas electorais do que sexa e para o que sexa. Son afagadores que andan en apuros para dar a ver e a saber o que é e o que non é. Case sempre dan a saber o que non interesa, o irrelevante.

Hai costumes ben raros, algúns parecen impropios. Os Masai, unha tribo asentada en Kenia e Tanzania, para saudar aos seus maiores chuspen na man, chuspen nos meniños para que teñan un futuro limpo e, nos festexos, chuspen nos coñecidos. Os homes labregos da Galicia de mediados do século pasado tamén chuspían nas súas mans traballadoras cando araban, segaban ou agarraban o mango da aixada para cavar a bouza. Mentres outros, de mans limpiñas e afinadas, tiñan o costume de rezar tódolos días do ano.

Artigo publicado en:

El Progreso (06/06/17)

Dirio de Pontevedra (06/06/17)
La Región (07/06/17)
El Correo Gallego (07/06/17)

Artigos publicados anteriormente:

97). Os costumes (07/06/17)
96). A patria dos humildes (31/05/17)
95). Galicia Toda
(24/05/17)

94). Cereixas para todos
(17/05/17)

93). Veñen con forza (10/05/17)
92). Primarias, que máis dá?
(03/05/17)

91). Sequidade, ben e mal (26/04/17)

90). Liñas paralelas (19/04/17)

89). Cada ollal co seu botón (12/04/17)

88). Viridiana xemía (05/04/17)

87
).
A luz da esperanza (29/03/17)

86). Viva a memoria! (22/03/17)
85). Patacas para todos (15/03/17)
84). Son todos iguais? (08/03/17)
83). Cantoras das verdades (01/03/17)
82). Por que? (22/02/17)
81). Fermín, a bondade (15/02/17)
80). Esquecemento (08/02/17)
79). Vázquez Queipo (01/02/17)
78). Menos de 7 anos (24/01/17)
77). A Academia (18/01/17)
76). Vaia por Deus! (11/01/17)
75). Venturoso 2017! (04/01/17)

Anos 2016 e 2015

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu