Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

No hospital, para curar

Luís Celeiro

07/12/2016


Estaban os tres no mesmo cuarto dun hospital privado (concertado), aínda que as súas doenzas eran distintas e de gravidade diferente. As camas, cos seus cabeceiros na mesma parede e á fronte a televisión de pago. A conversa destes pacientes non era moi enriquecedora, pero era fluída e parecía sincera. Entrando, o da primeira cama á esquerda era un enfermo que aparentaba estar san, tiña os seus oitenta cumpridos e na casa deixaba á muller, á vaca Marela e cerca doutra ducia de animais de pequeno tamaño, algunhas pitas, un par de coellos e dous ou tres cans. En fin, os animais de compañía, que tantos agradecen a súa presenza.

O que estaba na cama do medio era un home delgado, de bo ver, pendente en todo momento dos seus netos, unha nena boísima de quince anos e un mozo moi listo que xa estaba na Universidade estudando, ao mesmo tempo, dúas carreiras difíciles. O terceiro, tamén no entorno dos oitenta, era xubilado de boa paga, un lector constante e amante, fundamentalmente, da novela histórica. Vivía na súa casa coa dona e un par de gatos raxados.

Un deles era do Madrid, outro do Celta e o dos netos, do Deportivo. Discutían de política, “desa que converte aos homes en ruíns”, de economía, dos pagos a facenda, dos viños de Galicia, de La Rioja, de Valdepeñas, de Burdeos, de Toro e da Ribera del Duero. Gustábanlles todos. Apaga a televisión!, dixo un deles. Non soporto a ese equipo e vai gañar, a pesar de que está xogando mal, peor. –date a volta, compañeiro, non mires! Neste preciso instante, entra Isolina, a súa dona, -Fulxencio!, non sufras, pon nos ollos este trapo negro que che traio. –Moitas grazas, muller. -E, como quedan os gatos? –Moi ben, dá xenio velos, Vanesa está gorda, a punto de parir e Meritorio, despois de preñala, segue de ruada con tódalas felinas do lugar. Ao velo tan fermoso, acordábame de ti.

A enfermeira chega correndo, esixe a ausencia da visita, reparte as pastillas e vaise tamén correndo. O home que estaba con descomposición tomou o laxante e os outros equivocáronse igualmente. Despois, a un deles fervíalle o sangue e ao terceiro entroulle unha somnolencia de tan alto grao que ninguén o puido espertar ata o día seguinte. Isolina foise tranquila para xunto dos gatos e Fulxencio quedou no hospital, para curar.

Artigo publicado en:

El Progreso (06/12/16)
Dirio de Pontevedra
(06/12/16)
La Región (07/12/16)
El Correo Gallego
(07/12/16)

Artigos publicados anteriormente:

71). No hospital, para curar
(07/12/16)

70
). Murallas de arames
(30/11/16)

69).
Intelixencia
(23/11/16)
68).
A soidade (16/11/16)

67). Minguan os dereitos (09/11/16)
66).
Xente de a pé (02/11/16)

65). Máquinas, para todo (26/10/16)
64).
O toque de Víctor Pumarega (19/10/16)

63). Parecen galegos! (11/10/16)
62). O gato, razoando
(05/10/16)
61). Deberes, por que non? (27/09/16)
60). A escola (21/09/16)

59). Felicidades e ánimo! (14/09/16)
58). A calidade do aire (07/09/16)

57).Cambiaron os tempos (31/08/16)
56).
Que bonito sería! (24/08/16)
55).
A USC, entre as mellores (17/08/16)
54)
.Como te chamas? (10/08/16)
53).
Ánimo e saúdos! (03/08/16)
52).
A patria (27/07/16)
51).
O falar non ten cancelas (20/07/16)
50). Envellecemento saudable (13/07/16)
49). O amigo do home (05/07/16)

1º semestre de 2016.-

Ano 2015.-

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu