Luís Loureira

SECCIÓNS

INICIO

O ESCULTOR

NOVAS

HEMEROTECA

GALERÍA

LIGAZÓNS

CONTACTAR


A Peneira dos Soños
Escultura conmemorativa do premio literario Biblos-Pazos de Galicia

TÍA MANUELA

Silencio

Luís Celeiro

17/10/2018

O seu longo silencio transmitía mensaxe de fondo calado, sorprendía á audiencia, mentres as persoas que enchían a ringleira de oradores quedaban atónitas, sen saber como reaccionar e sen saber que dicir ante tan forte expresión calada.  Era un silencio pausado que falaba solo, que formaba parte da oratoria contundente e que agradecían os máis atrevidos e máis ousados do lugar e do parlamento. Era como un silencio musical que non conturbaba a angueira de ninguén. Pola contra, animaba á parroquia para que aumentaran os discursos pausados, conciliadores, dialogados. Aqueles que con pouca palabra, e sen ruído, teñen mensaxe e moito entendemento.

O silencio na política é un mérito e na vida, tamén. Diante da sociedade, e cun minuto de duración, é un claro sinal de dó, unha tristeza. Cando non se sabe que dicir é outra tristura, como a pena enorme que teñen aqueles obrigados a calar, contra a súa vontade, polas razóns que sexa. Nunca serán razóns suficientemente poderosas aquelas que impoñen o silencio aos outros. E, o silencio administrativo? Que cousas! A burocracia apodérase das palabras, do falar e do calar e aí está a Administración arrogante dando resposta a un procedemento co silencio, o simple silencio administrativo, nuns casos con sentido positivo e noutros con sentido negativo para os cidadáns do montón.  

Aquí é cando procede non calar, cando convén recorrer e facer valer os dereitos. Lembrando a Voltaire, “tódolos homes teñen iguais dereitos á liberdade e á súa prosperidade”. Si, señora! É importante observar que a convivencia social e a harmonía  radican en boa parte no respecto ao dereito alleo. Por suposto ao dereito de falar.

Hai teorías e versións diferentes, pero Novoneyra explicábao perfectamente, “de tanto calar xa falo eu solo”. Estamos onde os decibelios e os foguetes teñen a súa importancia, onde o ruído contribúe decididamente a incomunicación, á incomprensión e, de rebote, á intolerancia. Estamos aquí, nesta Galicia grande e pequena ao mesmo tempo, rodeados de tecnoloxías das comunicacións, con altofalantes de grande eficacia, coa verdade, a mentira, o bulo e a postverdade circulando impunemente. Como di a Tía Manuela, “estamos onde se pode falar, pero non escoita ninguén”.

Artigo publicado en:

El Correo Gallego (17/10/18)
La Región
(17/10/18)

Artigos publicados anteriormente: 

168). Silencio (17/10/18)
167). Ciencia e progreso (10/10/18)
166). Palabras e música (03/10/18)
165). O quinto sabor (26/09/18)
164). Contradición permanente (19/09/18)  
163). Vén o outono
(12/09/18)
162). A profesión do amor
(04/09/18)
161). Heroicidade (29/08/18)
160). Grazas, Manolito (22/08/18)
159). Sor Paquita, unha galega de Zamora
(15/08/18)
158). Moncho, pensamento e corazón  (08/08/18)
157).
Riqueza é ter saúde  (01/08/18)
156). Todo será posible  (25/07/18)

Luís Loureira - l.loureira@luisloureira.eu